Dende o Noia Portus Apostoli queremos informarvos que a partir deste luns 14 de setembro temos aberto o prazo de inscripción da escola deportiva para o curso 2020/2021.
Cando comezan os adestramentos? En principio, os adestramentos comezarán para os equipos biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil o 1 de outubro (data provisional debido á crise sanitaria provocada pola pandemia da COVID-19).
En que liga xogarán os distintos equipos? Os equipos disputarán competición federada.
Horarios? Xa están dispoñibles!
Cabe lembrar que este ano cambia toda a equipación da base. O club comunicarase coas familias para probar a roupa e encargala (esta temporada o club bonificará de xeito excepcional con axuda para a roupa ante a situación na que nos atopamos, a información sobre a mesma darase cando se realice a inscrición ou nos horarios marcados).
Como realizo o pago e onde me inscribo? A cota será de 100€ anual para todas as categorías.
-
A cota para o segundo irmán será de 50 euros.
-
O pago será único, salvo solicitude de aprazamento.
-
O pago e a inscrición realizanse a partir do luns 14 de setembro, en horario de luns a venres de 19:00h a 21:00h, na porta de acceso do Pavillón Municipal Agustín Mourís pegada á casa da xuventude. Deberán traer unha foto tamaño carnet e unha copia do DNI ou do libro de familia.
Cales son as nosas medidas contra a COVID-19? Todos os adestramentos se reiniciarían seguindo unhas medidas de hixiene e acondicionamento (que especificamos á dereita), sendo estas as que recomendan as autoridades sanitarias competentes. Ademais, tamén contamos cun protocolo de actuación en caso de risco de contaxio extraído do protocolo da RFGF.
+INFORMACIÓN: administracion@noiafutbolsala.com // 711 71 92 45
Podes descargar AQUÍ o formulario de inscrición, ou recoller o díptico de inscrición no Pavillón Municipal no horario antes especificado.
HORARIOS

MEDIDAS DE HIXIENE E
ACONDICIONAMENTO
