HISTORIA DO CLUB

2008-2009

Na temporada 2008-2009 o club adopta o nome "Noia Fútbol Sala", na que é a súa primeira competindo no Grupo I da Primera Nacional A, a antiga denominación que recibía a Segunda División B. O cadro branco termina o curso 13º con 39 puntos e once partidos gañados, evitando así o descenso.

2009-2010

Nesta segunda temporada na división de bronce do fútbol sala nacional, o club aséntase na competición do Grupo I da Primera Nacional A, ao finalizar quinto con 56 puntos, 18 partidos gañados e máis cerca da promoción de ascenso que do descenso.

2010-2011

Na 10-11 o Noia Fútbol Sala realiza a súa primeira gran temporada na nova categoría, e non é para menos, xa que consegue clasificarse para a promoción de ascenso ao acabar segundo no torneo ligueiro con 59 puntos.

No PlayOff de ascenso derrota na primeira ronda ao Móstoles (5-2 en Noia e 2-5 en Villafontana) pero o soño esfúmase ante L'Hospitalet nunha eliminatoria de alta tensión (4-1 en Cataluña e 3-5 en Noia)

2011-2012

Tras o grande rendemento do pasado curso, en 2012 os noieses firman a mesma quinta plaza de hai dous anos, cuns números de 55 puntos e 17 partidos gañados, nunha competición que nesta precisa temporada muda o nome ao actual, o de Segunda División B.

2012-2013

O primeiro título do Noia Fútbol Sala chega nesta nova temporada. Despois da proeza de alcanzar a promoción de ascenso como segundo clasificado en 2011, agora os noieses conquistan o campionato do Grupo I da Segunda División B con 65 puntos e 21 partidos gañados, por diante de O Parrulo Ferrol e Cidade de Narón.

Porén, os PlayOffs de ascenso volven a ser crueis, e o Brihuega de Guadalajara derrota aos nosos por un global de 7-4 (4-1 en Guadalajara, 3-3 en Noia), aprazando a festa do ascenso.

2013-2014

Moncho Vázquez abandona no verán de 2013 o banco noiés, ao que chega para sustituilo Jorge Rodríguez ata mediados de campaña, cando regresa o anterior adestrador.

 

O éxito ligueiro, lamentablemente non se repite, xa que se firma un terceiro posto con 47 puntos e 15 partidos gañados, mais o reseñable chegou noutra competición.

Na súa temporada de estrea na Copa do Rei, o Noia Fútbol Sala dá a sorpresa dos dezaseisavos de final ao derrotar ao Marfil Santa Coloma, de Primeira División, nun partido para o recordo. Grazas a este triunfo virá a Noia outro equipo de Primeira como Ribera Navarra FS, que terminará co soño noiés en oitavos de final.

2014-2015

Loitar polos postos de ascenso xa é unha grande prioridade para o club. Porén, esta tampouco será a temporada, xa que os noieses finalizarán cuartos con 14 partidos gañados, lonxe de loitar polo PlayOff e fóra da seguinte Copa.

Unha competición na que nese curso son capaces de derrotar a O Parrulo por 7-6 na primeira ronda, mais acaban eliminados a mans do Santiago Futsal por 2-3.

2015-2016

Nano Maroño asume as rendas do equipo nunha temporada que pode calificarse como a máis exitosa ata a data. Dous novos títulos chegan ás vitrinas noiesas, sendo o primeiro a Copa Diputación lograda no Municipal de Noia ante O Parrulo por 3-1.

A xoia da coroa sería o campionato do Grupo I da Segunda División B, o cal lograban por segunda vez na súa historia. Nesta ocasión a unha xornada do final, ao gañar ao Sala Ourense.

Lastimosamente, os PlayOffs volvían a portarse mal cos nosos, e o CD Rivas Futsal derrotaba por 1-0 e 1-4 aos de Nano Maroño para frustrar as ilusións do ascenso a Segunda.

2016-2017

Un novo curso escrito con letras de ouro. O Municipal volve a vivir grandes noites de Copa do Rei, as das vitorias ante O Parrulo en primeira ronda e Santiago Futsal en dezaseisavos, o que deixou un novo cruce ante un Primeira como Magna Gurpea. Os nosos loitaron e tiveron contra as cordas a un equipo de grande nome, mais acabaron cedendo por 3-4 ante o futuro finalista.

A este grande recordo acompañoulle o terceiro campionato do Grupo I de Segunda División B, logrado nunha tarde espectacular de fútbol sala en Noia, nunha "final polo título" ante o outro equipo con opcións, o Guardo. Co marcador de 5-3, o Noia FS volvía a uns PlayOffs.

Desafortunadamente, o destino branco volvía a deixar cruz, co Cerro de Reyes, campión do Grupo V, gañando por un global de 8-6. Un resultado que volvía a condenar aos noieses á Segunda B, mais...

2017-2018

Froito da non capacidade de competir en Segunda do equipo estremeño e do Jumilla, os noieses conseguían unha praza na división de prata.

 

Un novo horizonte e moitos cambios. O primeiro sendo o nome, que pasa a ser o actual de "Noia Portus Apostoli FS"; o segundo, un novo adestrador, con Julio Mougán facéndose cargo do equipo; e o terceiro, a creación dun trofeo de verán propio no I Trofeo Portus Apostoli, antes de lanzarse a pola competición oficial máis esixente da súa historia.

A travesía ligueira comezou con moito optimismo e ilusión, mais acabouse pagando a novatada e o descenso a Segunda B consumouse en Antequera, finalizando con 22 puntos e sete vitorias. En Copa, rozouse outra participación en oitavos, ao perder por 2-3 ante O Parrulo en dezaseisavos, mais en Liga os brancos pagan a novatada e firman o descenso en Antequera, ao lograr 22 puntos e sete vitorias.

Aínda así, afección e equipo pasearon orgullosamente o nome do club e da vila nunha temporada histórica... que viviría unha prolongación nunha segunda oportunidade.

2018-2019

Unha segunda oportunidade presentábase ante unha praza exenta que era outorgada por méritos deportivos ao Noia Portus Apostoli FS​. 

 

Temporada moi complicada para os noieses novamente, na que chega Marlon Velasco ao banquillo en novembro para intentar salvar ao equipo dun máis que probable descenso. Nunha segunda volta de aúpa, culminada nun choque espectacular en Rivas, os brancos mantiñan a categoría para un terceiro ano seguido en prata.

Tras isto, chegou a primeira participación en semifinais de Copa Galicia, dentro dunha Final Four na que os noieses caeron ante O Parrulo, quen tamén fora o seu verdugo en Copa do Rei.