O prazo de inscrición para formar parte das categorías inferiores do Noia Portus Apostoli FS (nados entre 2004 e 2018) queda aberto desde hoxe luns 8 de agosto e o pago realizarase no local social do club (Rúa Carcasía, 7).
Toda a información está recollida nestas liñas e no apartado “base” da nosa páxina web, ademais de no correo electrónico administracion@noiafutbolsala.com e no número 625 08 95 05 (soamente a través de WhatsApp).
A maquinaria da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS bota a andar de cara a temporada 2022/2023, coa apertura do prazo de inscrición para todos os rapaces e rapazas nados entre os anos 2004 e 2018 que desexen gozar do fútbol sala.
A entidade afronta unha temporada histórica co debut na Primeira División, e tamén unha nova etapa no que á base se refire, coa entrada do ex xogador e ex capitán do primeiro equipo David Palmas como responsable da secretaría técnica e metodoloxía da escola deportiva.
Nas próximas semanas desde o club iremos dando todo tipo de información en canto aos horarios de adestramento e outros detalles de cada equipo da nosa Escola Deportiva. Se precisas algún tipo de información que non atopes no apartado da nosa web adicado á Escola, contacta co correo electrónico administracion@noiafutbolsala.com ou ao teléfono 625 08 85 05, SOAMENTE POR WHATSAPP.
Como me inscribo?
-E-MAIL: enviando o documento de inscrición ao correo administracion@noiafutbolsala.com
-PRESENCIAL: no local social do club (Rúa Carcasía, 7), onde poderás encher o documento (horario: luns a venres, de 11:00h a 13:00h e de 20:00h a 21:00h).
Cota de inscrición e como realizar o pago
-A cota será de 120€ anual para todas as categorías.
-A cota para o segundo irmán será de 80€.
-O pago será único, salvo solicitude de aprazamento.
-O pago e a inscrición realízanse a partir do luns 8 de agosto, en horario de luns a venres de 11:00h a 13:00h e de 20:00h a 21:00h, no local social do club (Rúa Carcasía, 7). Deberán traer unha foto tamaño carnet e unha copia do DNI ou do libro de familia.
Idades e categorías
Biberón: 2017-2018
Prebenxamín: 2015-2016
Benxamín: 2013-2014
Alevín: 2011-2012
Infantil: 2009-2010
Cadete: 2007-2008
Xuvenil: 2004-2005-2006
Comments