top of page

A base noiesa afronta a súa primeira xornada de competición

Prebenxamín, benxamín, infantil, cadete e xuvenil comezan este fin de semana as súas respectivas ligas.



Despois de xa varias semanas adestrando, chega o momento de enfrontarse á competición para boa parte dos nosos equipos das categorías inferiores. Ata cinco deles darán os pasos iniciais nas súas competicións ligueiras na Liga Local Galicia este fin de semana, máis concretamente o sábado 19 de outubro.


Os primeiros en poñerse en marcha serán os prebenxamíns, que recibirán o sábado ás 10:30 horas no Agustín Mourís ao Villestro SD A.


A partir das 11:20 horas será turno da categoría máis maior da nosa base, os xuvenís, que tamén como locais se verán as caras co SD Milladoiro, para dar comezo a unha temporada na que loitarán por repetir os éxitos da pasada.


O xuvenil de Pablo López deixará paso ao cadete, adestrado por Julio Moreno, que ás 12:10 horas se medirá ao SD Milladoiro A.


O derradeiro equipo noiés en disputar o seu primeiro partido como local será o benxamín, recibindo a partir das 13:10 horas recibirá ao Jogafan Ordes FS B.


Por último, o único conxunto da nosa base que comezará a competición lonxe do Agustín Mourís. O infantil enfrontarase ao Victoria FC A no Pavillón Monte dos Postes ás 17:00 horas.


Moita sorte e diversión para os nosos rapaces/as!




Comments


bottom of page