Buscar

A base pecha 2019 con tres encontros

Dous para o benxamín e un para o xuvenil na última fin de semana de competición do ano.


Non só o primeiro equipo, senón que tamén as categorías inferiores dan o seu adeus ao ano nesta fin de semana.


Dobre compromiso afrontará o cadro benxamín, que xogará un partido aprazado no seu día ante EFS Trasgos en Bertamiráns este venres ás 18:00 horas, e despedirá o ano o sábado ás 20:00 no Agustín Mourís contra o Bertamiráns CF.


O sábado tamén será turno do xuvenil, que tamén disputará un encontro adiado ante o Alto do Vento FS no Municipal Quiroga Palacios a partir das 11:00 horas.


Consulta os horarios dos choques: