top of page

A Nosa Base empeza a súa temporada máis especial

Os primeiros equipos das categorías inferiores do Noia Portus Apostoli FS comezaron, extremando as medidas de seguridade e respectando os protocolos e ordenanzas dos entes federativos e sanitarios, o curso 2020/2021 este xoves.


Con máscara, toma de temperatura, distancia de seguridade continua e moito xel hidroalcohólico. Así deron inicio os equipos do Noia Portus Apostoli FS este xoves 1 de outubro aos seus adestramentos da campaña 2020/2021, despois de meses de parón pola pandemia da COVID-19.


Todos os rapaces e rapazas terán que seguir as ordenanzas fixadas polas organizacións federativas e sanitarias competentes, así como o protocolo de seguridade interno do club, baixo a atención dos seus respectivos adestradores.


Se queres anotarte ou anotar a un rapaz/a na nosa escola deportiva, aínda estás a tempo! Visita ESTE ENLACE na nosa páxina web para facelo ou recolle o díptico de inscrición no Municipal Agustín Mourís en horario de 19:00 a 21:00 horas.

Comments


bottom of page