A xogadora da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS participará no torneo co combinado santiagués da categoría alevín feminina.
O campionato galego de seleccións comarcais contará con representación do Noia Portus Apostoli FS, por medio de Alba Casaldoeiro. A xogadora do alevín branco competirá coa selección de Santiago desta categoría nunha competición que comezará hoxe martes 6 de decembro coa fase previa en Tui e que, de clasificar, seguirá o xoves 8 en O Carballiño.
Desde o teu club só nos queda desexarche moita sorte e que goces ao máximo desta experiencia, Alba!
コメント