top of page

Antía Mayo participa no campionato galego infantil feminino de seleccións comarcais

A xogadora da nosa base defendeu as cores da selección de Santiago durante os tres partidos da fase previa do torneo.


A xogadora do infantil Antía Mayo formou parte da selección de Santiago que participou este pasado domingo no campionato galego infantil feminino de combinados comarcais.


A noiesa anotou un tanto no primeiro minuto do primeiro partido disputado polo seu equipo, que terminou con vitoria santiaguesa por 2-3 diante da selección de Ourense. Porén, os encontros contra as seleccións de Pontevedra e Vigo terminaron con derrota para o conxunto santiagués, o que provocou que non se clasificaran para a seguinte ronda.


Aínda así, outra grande experiencia a sumar para a nosa xogadora, da que seguro sacará un gran rendemento para o futuro. Parabéns, Antía!

Comments


bottom of page