top of page

Así será a Copa Galicia 2021/2022

-O Portus Apostoli entrará no torneo na rolda de cuartos de final, a disputarse en partido único na data do 9 de febreiro, á espera dalgún posible cambio por asuntos de calendario.

Os noieses son actuais subcampións do torneo galego

Na tarde de mércores produciuse o sorteo da Copa Galicia 2021/2022. O torneo galego regresa despois da suspensión da edición 2020/2021 procovada pola pandemia da COVID-19.


O Portus Apostoli chega a esta temporada como subcampión da anterior, a 2019/2020, despois de caer na final diante do Pescados Rubén Burela o pasado 9 de xaneiro en Narón. Nesta ocasión, o equipo noiés entrará no torneo directamente nos cuartos de final, enmarcado para o 9 de febreiro de 2022, de mesma forma que O Parrulo Ferrol, JERUBEX Santiago Futsal e o conxunto burelés, situado este último no mesmo lado do cadro que os de Marlon Velasco.


De avanzar, as semifinais disputaríanse a dobre partido o 1 de marzo e o 3 de maio, mentres que a final, con sede no Pavillón de A Raña do Concello de Marín, está encadrada para o 17 de maio.


Cadro de emparellamentos


Comments


bottom of page