Buscar

BASE | Empeza a competición para as inferiores do Noia Portus Apostoli FS

Cinco equipos da base noiesa comezarán a súa temporada oficial esta fin de semana.


Este sábado 13 de novembro será o primeiro día de partido para os máis pequenos do Noia Portus Apostoli FS. Prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete dan inicio á súa temporada polos pavillóns de Noia e Santiago.


Todos os conxuntos competirán neste curso 2021/2022 na Primeira Autonómica FS, que consistirá en múltiples fases, comezando cunha previa que divide aos equipos por zonas. Estes son os grupos que corresponden aos equipos noieses de cada categoría:


PREBENXAMÍN: Santiago Fase Previa Grupo Sur B

BENXAMÍN: Santiago Fase Previa Grupo Sur A

ALEVÍN: Santiago Fase Previa Grupo Sur B

INFANTIL: Santiago Fase Previa Grupo Sur

CADETE: Santiago Fase Previa Grupo Sur