top of page

Calendario de Terceira División para o Portus Apostoli B

-Regresa o formato habitual de un só grupo para a cuarta categoría do fútbol sala nacional, así como o premio do ascenso para o campión e un mínimo de tres descensos.


-Os nosos comezarán o campionato en Bueu o 19 de setembro e finalizarano o 8 de maio visitando ao Vigo 2015.


Apenas mes e medio despois de terminar unha longa, esixente e grande temporada, o Noia Portus Apostoli B xa ten ao carón o novo curso 21/22, coa confirmación esta semana do calendario de encontros e do regulamento da competición de Terceira División.


30 xornadas de campionato que comezarán o 19 de setembro e rematarán o 8 de maio. Nelas buscarase entre os 16 equipos participantes un campión e novo equipo de Segunda B, así como os tres descendidos a Preferente (posibilidade de cuarto se non ascende o equipo galego). Do 22 de maio ao 28 disputarase un PlayOff de ascenso entre os 2º, 3º, 4º e 5º clasificados da liga regular, do que sairá outro conxunto dirección á división de bronce.


O Noia Portus Apostoli B estreara a 21/22 visitando ao ADFS Bueu, pechando o seu concurso na cancha do Vigo 2015. O primeiro partido no Agustín Mourís producirase o 26 de setembro, diante do FS Pontedeume, e o último corresponderá á xornada 29, na que visitará Noia o Valdesuso Peugeot Vilalba FS, rival dos noieses no pasado PlayOff de ascenso a Segunda B.


Nas próximas semanas iranse coñecendo máis detalles sobre o plantel do Noia Portus Apostoli B 2021/2022.


Detalles e reglas da temporada

Calendario__25_Tercera_Divisi_n_F_tbol_Sala
.pdf
Download PDF • 36KB



bottom of page