Buscar

CD Lugo Sala-Noia Portus Apostoli B: operación remontada

-Os noieses visitan na matinal de domingo o Municipal de Lugo para afrontar o segundo encontro das semifinais do PlayOff de ascenso a Segunda B.


-No vestiario branco amósanse totalmente centrados en ir a darlle a volta ao global da eliminatoria, que sorrí por 2-0 aos lucenses.


Remontar ou morrer. Non hai máis a partir das 12:00 horas deste domingo para os rapaces de Daniel Ventoso, que despois de caer en Noia con dous goles nos últimos minutos, están obrigados a gañar por diferenza de dous tantos para igualar ou decantar do seu lado a eliminatoria.


Máxima intensidade, reducir os erros e volver a atopar o camiño do gol perdido nos anteriores dous choques son partes fundamentais da receita que o Portus Apostoli B debe seguir para ter as maiores opcións posibles de remontar o electrónico global a un Lugo Sala que, ademais de contar coa vantaxe no mesmo de 2-0, xogará este domingo na súa cancha.


Aínda que lonxe do Agustín Mourís, os noieses tamén contarán con certa representación nas gradas do Municipal de Lugo que demostrarán ser o xogador número seis na complicada, que non imposible, empresa de remontar a serie e alargar o soño ata as últimas consecuencias.


O partido emitirase en directo a partir das 12:00 horas pola canle de YouTube do CD Lugo Sala.