Buscar

Club del Mar FS-Noia Portus Apostoli B: un filial en cadro visita A Coruña

O filial noiés afronta a súa segunda saída consecutiva, despois de caer na pasada xornada en Begonte. Esta vez visita A Coruña para verse as caras cun vello coñecido como o Club del Mar FS (sábado 12, 20:00 horas).


Xogadores do filial durante unha sesión de adestramento

O invicto do Noia Portus Apostoli B durou tres xornadas. O Concello de Begonte FS cruzouse no camiño dos noieses na cuarta xornada para infrinxirlle a súa primeira derrota do curso que puxo fin a un comezo que facía disparar a ilusión. Para recuperar o sorriso, os de “Juve” volverán a xogar fóra da casa, esta vez en A Coruña.


Porén, non o terán nada sinxelo os filialistas, que chegarán ao encontro con varias baixas que o poden mermar de cara a un novo enfrontamento ante un rival habitual dos noieses das últimas temporadas. Hai dúas estiveron inmersos na loita polo título de Primeira Galicia, que caeu en mans dos brancos, e a pasada volveron a baterse nesta Preferente Autonómica – Grupo Norte.


Os precedentes destes dous últimos cursos sorrín lixeiramente aos noieses, que nestas dúas últimas temporadas lograron dúas vitorias, por un empate e unha vitoria do lado coruñés.


O inicio de campaña do Club del Mar FS está a ser máis complexo. Despois de comezar cun triunfo ante o Restaurente O Korreo Guitiriz FS, seguiu un empate ante Os Meigallos FS e dúas derrotas fronte o Concello de Begonte FS e o Castroverde, que o sitúan 10º con catro puntos, seis postos e cinco puntos por debaixo dos nosos.


Un encontro, polo tanto, no que o gañador -de habelo- sairá reforzado de cara aos seguintes compromisos, que seguirán poñendo forma á táboa clasificatoria do campionato ligueiro.