Buscar

Coviran Quiroga-Noia Portus Apostoli B: punto e final á primeira volta

O filial alcanza o ecuador do campionato coa intención de lograr a cuarta vitoria consecutiva na súa visita a Quiroga (sábado 11/1, 18:00 horas, Municipal de Quiroga).


Con tres triunfos seguidos se foi o cadro branco ao parón de Nadal e coa ambición de conseguir o cuarto intentarán poñer fin á primeira metade do campionato ligueiro da Preferente Autonómica – Grupo Norte.


O rival que terá enfrente para lograr esa empresa será o Coviran Quiroga FS. 12º clasificado na táboa con 10 puntos, o cadro lucense está situado tan só tres por riba do descenso que marca o Restaurantes O Korreo Guitiriz FS.

Os números apuntan, por tanto que parece un conxunto destinado a loitar por evitar a perda de categoría, mais os resultados das últimas xornadas amosan unha melloría. As tres vitorias que suma nesta Liga chegaron nos últimos cinco partidos, logradas todas elas ademais como locais, o que demostra que, pouco a pouco, están a conseguir facer da súa pista un feudo máis difícil de visitar.


Un encontro e unha situación que para os noieses é máis favorbale, despois de lograr un agardadísimo triunfo como visitante en Agolada case dous meses e medio despois do anterior. Aínda así, os de “Juve” nin se conforman nin se confían, polo que irán cos cinco sentidos a lograr sumar de tres por cuarta xornada consecutiva.


Debido ao parón, lonxe queda xa o recordo dos últimos tres puntos conquistados, hai case un mes diante do Troula Betanzos FS, que confirmaba a chegada dunha dinámica positiva. En Quiroga verase se a dinámica continúa a pesar do tempo de inactividade e se o filial noiés é quen de manterse unha xornada máis preto da zona alta da clasificación ligueira.