-O Noia Portus Apostoli B caeu por dous tantos de diferenza no seu primeiro partido da temporada.
-Erros atrás condenaron unha seria actuación inicial no campionato de Terceira División.

Con derrota comezou a andaina 2021/2022 do Noia Portus Apostoli B na Terceira División, logo de caer por 4-2 no Municipal de Bueu.
Un encontro que sirveu para seguir axustando mecanismos, nun cadro filialista que apenas atravesaba a súa terceira semana de preparación antes de visitar a un ADFS Bueu que comezou mellor o partido, adiantándose no 3’, pero que vía como, un minuto máis tarde, un disparo de Álvaro terminaba entrando na portería local.
Nos seguintes minutos ambos equipos contarían con reseñables ocasións para adiantarse, algo que lograrían os bueuenses a cinco do descanso, e que volverían a neutralizar os noieses nunha boa xogada, xa no segundo tempo, finalizada cun gran golpeo exterior de Pau.
Pouco durou a alegría aos brancos, que vían pouco despois como o ADFS Bueu anotaba o seu terceiro tanto. Xa entrando nos últimos dez minutos, os locais aproveitaban un desaxuste noiés para facer o cuarto que, a pesar dos intentos de porteiro-xogador e o dez metros lanzado polos visitantes, resultaría definitivo.
Seguinte partido
A próxima semana o Noia Portus Apostoli B xogará diante da súa afección, recibindo ao FS Pontedeume.
Ficha técnica:
ADFS Bueu: Alejandro Nieto (p), Rodri Blanco, Durán (c), Lucas e Alejandro Miranda. Tamén xogaron Antonio Rodríguez, Carlos Miranda, Brais, Francisco e Jesús.
Noia Portus Apostoli B: Pablo (p), Insua, Álvaro, Yago Vizoso e Manu Lorenzo (c). Tamén xogaron Adrián Casaldoeiro, Andrés Buján, Cristian Iglesias, David Agraso e Pau.
Goles: 1-0 Rodri Blanco (3’), 1-1 Álvaro (4’), 2-1 Alejandro Miranda (15’), 2-2 Pau (23’), 3-2 Lucas (24’), 4-2 Lucas (33’).
Os colexiados Buján Barciela e Pérez Giráldez non amonestaron a ningún xogador.
Incidencias: partido correspondente á primeira xornada do campionato ligueiro de Terceira División, disputado no Municipal de Bueu.
Comments