Os noieses non baixaron os brazos, pero caeron ante un equipo que non pertence á súa Liga.
O Noia Portus Apostoli B caeu derrotado por un claro marcador de 8-0 ante o CD Lugo Sala na 12ª xornada do campionato de Terceira División. Os lucenses xa deixaron o partido resolto na primeira metade, cunha vantaxe de seis goles que abreu Miguel Muñoz no minuto catro e pechou Iago Rodríguez no 19’. Na reanudación, Diego Núñez e Costoya colocaron o marcador final.
De pouco serviu, polo menos en canto a puntuación se refire, que os noieses se amosaran serios e concentrados no seu plan partido sobre a pista de o Palomar, porque a diferenza de calidade fixo o resto para que os tres puntos non se moveran de Lugo.
Tras deixar atrás a visita ao líder invicto, o Portus Apostoli B mantense na décima praza, fóra do descenso, con 13 puntos, a tan só tres do 7º clasificado.
Seguinte partido
A próxima fin de semana visitará Noia o Praias de Barreiros CD, equipo situado na posición inmediatamente superior aos nosos, na xornada 13 da Terceira División.
Ficha técnica
CD Lugo Sala: Yerai (p), Miguel Muñoz (c), Diego Núñez, Iago Rodríguez e Longo. Tamén xogaron Nico (p), Costoya, Yago Núñez, Álex, Brunito, Jairo e Miki.
Noia Portus Apostoli B: Pablo (p), Pablo López, Álvaro (c), Yago Vizoso e Pau. Tamén xogaron Insua, Cristian, David Agraso e Diego Martínez.
Goles: 1-0 Miguel Muñoz (4’), 2-0 Iago Rodríguez (5’), 3-0 Jairo (9’), 4-0 Iago Rodríguez (10’), 5-0 Longo (15’), 6-0 Iago Rodríguez (19’), 7-0 Diego Núñez (29’), 8-0 Costoya (32’).
Os colexiados Bello Gómez e Mosquera González non amosaron ningún cartón.
Incidencias: partido correspondente á xornada 12 da Terceira División, disputado no Pavillón o Palomar de Lugo.
Comments