top of page

CRÓNICA FILIAL | Derrota en Vigo e sétimos na táboa final (6-0)

O Noia Portus Apostoli B, que acudiu ao CUVI cun equipo curto en efectivos e con catro xogadores non habituais, cedeu diante do ED Vigo 2015 FS, cun marcador que aumentou nos minutos finais.
Así, os brancos terminan a súa participación na Terceira División 2021/2022 na sétima praza con 42 puntos.

Fin de curso para o Noia Portus Apostoli B con derrota en Vigo. Os brancos acudiron á cidade olívica con apenas nove xogadores, entrando catro deles nunha convocatoria por primeira vez no curso. Ante tantos obstáculos, os filialistas voltaron a dalo todo, pero non puideron sacar nada diante dun ED Vigo 2015 FS que concretou a goleada na recta final.


Once minutos aguantaron os nosos sen recibir, competindo de ti a ti en varios minutos do encontro. Finalmente, 2-0 foi o marcador ao descanso, que aumentaría a 3-0 no primeiro minuto da reanudación. Pasado o ecuador chegaría o cuarto dos vigueses, e nos dous últimos minutos o 6-0 definitivo.


Unha derrota que non borra o traballo impecable dun Portus Apostoli B que se gañou a pulso lograr o obxectivo da salvación con antelación, e incluso soñar durante varias xornadas con repetir presenza no PlayOff de ascenso a Segunda B. Finalmente, sétimos con 42 puntos, lugar e puntuación cómodos nunha Terceira División que foi de tolos. Orgullosos dos nosos!


Ficha técnica


ED Vigo 2015 FS: Diego González (p), Tomás Merino, Javier López, Fabio Moura e Samuel Fernández. Tamén xogaron Alberto Fernández (p), Pablo Gándara, Brayan Vallejo, Daniel Lorenzo, Pablo Martínez e Carlos Cifuentes.


Noia Portus Apostoli B: Théo (p), Cristian Iglesias, Diego Martínez, Pau e David Agraso. Tamén xogaron Álex Calvo, Fernando García, Roi Castro e Hugo Romero.


Goles: 1-0 Samuel Fernández (11’), 2-0 Carlos Cifuentes (19’), 3-0 Carlos Cifuentes (21’), 4-0 Brayan Vallejo (31’), 5-0 Tomás Merino (38’), 6-0 Brayan Vallejo (39’).


Os colexiados Buján Barciela e Gulín Piñeiro amonestaron con cartón amarelo ao local Diego González (14’) e ao visitante Pau (17’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 30 da Terceira División, disputado no Pavillón Universitario CUVI de Vigo.

Comments


bottom of page