top of page

CRÓNICA X5 FILIAL (CAR 5-3 NPA B) | A boa xeira vese freada en O Carballiño

A pesar de adiantarse no marcador, os noieses acabaron claudicando no Paco Chao ante o seu rival.
Con tres vitorias e unha derrota, o filial branco cae á sexta praza da clasificación.

Escapóuselle ao filial a opción de sumar a súa cuarta vitoria consecutiva. Os de Palmas caeron a mans do Carballiño FS, nun encontro que empezou moi ben pero que cambiou de sorte no tramo final.


Os goles de Pau e Álvaro aos dez minutos de partido supuxeron o premio ao grande inicio do Portus Apostoli B no Paco Chao, despregando un xogo combinativo que dominaba ao Carballiño FS. Os locais atoparon a un minuto do descanso o 1-2, cun gol de Hugo Bernárdez que lles deu folgos.


Todo o ben feito na primeira metade non existiu nunha segunda na que os brancos pecaron con varios erros que terminaron por custárllelos puntos. Fernando Justo, cun doblete no 33’ e no 37’, acompañado do gol de Jose Antonio Carracedo tamén no 37’, déronlle a volta ao marcador. O tanto de Luis co xogo de cinco devolveu as esperanzas noiesas, que co 5-3 de Óscar Alcantarilla no 39’ remataron por entregar o triunfo aos ourensáns.


Ficha técnica


Carballiño FS: Eric Fernández (p), Edgar Bernárdez, Hugo Bernárdez, Fernando Justo e Antonio Prado. Tamén xogaron Artai Losada (p), Ismael Santiago, Jose Antonio Carracedo, Óscar Alcantarilla, Noel Vázquez, Cristian Fernández e Ángel de Francisco.


Noia Portus Apostoli FS: Théo (p), Lucho, Pau, Jorge e Yago Vizoso. Tamén xogaron Marcos (p), Álvaro, Brais, Hugo e Luis.


Goles: 0-1 Pau (9’), 0-2 Álvaro (10’), 1-2 Hugo Bernárdez (19’), 2-2 Fernando Justo (33’), 3-2 Fernando Justo (37’), 4-2 Jose Antonio Carracedo (37’), 4-3 Luis (38’), 5-3 Óscar Alcantarilla (39’).


Os colexiados Martín Díaz Marey e Adrián García López amonestaron aos locais Óscar Alcantarilla (23’), Jose Antonio Carracedo (33’), Edgar Bernárdez (36’) e Cristian Fernández (37’) e aos visitantes Yago Vizoso (27’) e Álvaro, ademais do adestrador Palmas (34’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 5 da Terceira División, disputado no Pavillón Paco Chao de O Carballiño.

bottom of page