Ata catro xogadores da Escola Deportiva do Portus Apostoli participarán en adestramentos de pre-selección de dous dos combinados galegos.
Trátase de Fernando García na Sub-16 e Jorge González, Brais Sueiro e Pau Codony na Sub-19.

A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS estará presente nos adestramentos de pre-selección da Galega Sub-16 e Sub-19 que terán lugar esta semana, con ata catro xogadores entre os dous combinados.
Fernando García, do equipo cadete noiés de Liga Galega, está citado para a sesión de adestramento que levará a cabo a Sub-16 de David Pena este martes 18 de outubro ás 18:15h no Polideportivo Municipal de Reboredo, en O Pino.

Os tres restantes acudirán á chamada da Sub-19. É o caso de Jorge González, Brais Sueiro e Pau Codony, os xogadores do filial que este mércores 19 ás 19:15h no Polideportivo Municipal de Boqueixón, en O Forte, adestrarán co conxunto dirixido por “Pachi” Fernández.
コメント