O xuvenil quedouse a un punto de sumar nos seus dous compromisos no Agustín Mourís.
A reducida fin de semana para as categorías inferiores do Noia Portus Apostoli terminou cunha plana de resultados de tres derrotas e unha vitoria.
O cadro xuvenil de Pablo López firmou o mesmo resultado tanto o venres contra o A Estrada Futsal como o sábado ante o Milladoiro SD. As sendas derrotas por 1-2 mantéñeno, tras tres xornadas, aínda sen coñecer o triunfo.
Os prebenxamíns de Pizarro tampouco foron quen de sumar na visita do Amio SD "B" ao Agustín Mourís. A única nota positiva en canto a resultado deixouna o equipo infantil, que se marchou cos tres puntos da súa viaxe a Ordes.
Comments