Os nosos reciben ao cadro laranxa este mércores 13 de abril a partir das 20:30h, en partido de ida da eliminatoria de semifinais da XXX edición do torneo galego.
Despois de conquistar o campionato ligueiro e o histórico ascenso a Primeira División, no Noia Portus Apostoli FS afrontan un novo obxectivo: ir a por todas na Copa Galicia. Iso pasa por derrotar a un Pescados Rubén Burela FS que milita na categoría superior, verdugo dos noieses na final da pasada edición do torneo galego.
A eliminatoria de semifinais, programada a dobre partido, comeza este mércores 13 no Agustín Mourís a partir das 20:30h, e os nosos precisan do teu apoio para dar o primeiro paso á final. Aproveita esta Semana Santa para vir animar aos teus!
Información da venda
·SOCIOS con cota 21/22 abonada: 5€
·XERAL: 10€
·INFANTIL (menores de 14 anos non socios): 8€
Horario de venda
·PRESENCIAL: luns e martes de 18:30h a 20:30h no Municipal Agustín Mourís
·ONLINE: a través de noiafs.acyti.com a partir do domingo 10 ás 16:00h
Comments