top of page

Horarios da xornada das inferiores (7/2-9/2)

Sete partidos conforman a folla de horarios da base do Noia Portus Apostoli para esta fin de semana.


A escola deportiva do Noia Portus Apostoli afronta a 15ª semana de competición da temporada, con sete compromisos divididos en seis das categorías.


O venres tanto alevín como prebenxamín desprazaranse á Peña para enfrontarse ao SD María Assumpta. Tan só un partido se xogará no Agustín Mourís, o sábado a cargo do equipo infantil, que se verá as caras co Jogafan Ordes "B". Ese mesmo día os cadetes de Julio Moreno tamén chocarán co equipo ordense, aínda que no seu caso como visitantes.


Para domingo quedan os partidos do xuvenil, que visita ao La Salle "B", do benxamín, que se enfrontará ao Racing San Lorenzo, e do prebenxamín, que en Roxos xogará contra o Amio "B".


Consulta os horarios:


bottom of page