HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Acción de venres a domingo


Oito partidos agardan á nosa base esta fin de semana, comezando este venres con dous encontros da Liga Xogade e seguindo con seis do resto de campionatos ligueiros do resto das categorías.


XUVENIL

Quinta xornada para o xuvenil, que tentará manterse na carreira polo posto máis alto da táboa na súa visita dominical ao SD Touro a partir das 19:00h. Os de Daniel Ventoso chegan a esta cita como colíderes con 9 puntos.


CADETE

Os de Palmas, en partido da xornada 10, reciben ás 19:00h do domingo no Agustín Mourís a un equipo da zona baixa da táboa da Liga Galega, pero non por iso menos perigoso. O obxectivo, sacar por sétima xornada consecutiva os tres puntos para continuar líderes con man de ferro.


Pola súa parte, o cadete de 1ª Autonómica segue perseguindo os primeiros puntos do curso, algo que tentará colleitar na mañá do sábado contra o AD Codima no Municipal Lamas de Abade de Santiago de Compostela.


INFANTIL

Visita a Padrón para os de Pablo Cardoso, onde se batirán na mañá do domingo co Stellae FS - Karymo Peluqueros B a partir das 12:05h, en duelo da quinta xornada da 1ª Autonómica.


Descansa o benxamín esta semana na Liga Xogade

ALEVÍN

Dobre compromiso para o alevín, que comezará este mesmo venres con partido da Liga Xogade. Os de Insua debutan na xornada 2 do torneo en Negreira contra o ED Negreira "B" a partir das 18:00h. O segundo dos partidos da fin de semana xa será en domingo, na quinta xornada da 1ª Autonómica, na que lles toca desprazarse a Padrón para xogar diante do Stellae FS - Márquez Vilela "B" a partir das 11:00h.


BENXAMÍN

Quinta xornada tamén para o benxamín, que se enfrontará ao Victoria FC - Dinos "C" o sábado ás 17:35h no Pavillón Monte dos Postes de Santiago de Compostela.


PREBENXAMÍN

Non terán encontro de 1ª Autonómica os prebenxamíns esta fin de semana, pero si na Liga Xogade. O ED Santa Comba será o rival dos nosos, que se desprazarán este venres á localidade da comarca do Xallas en partido da segunda xornada desta competición, que comezará ás 18:00h.