top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Estreanse o resto de categorías!



Ata seis conxuntos da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS darán os seus primeiros pasos competitivos da temporada 2022/2023 esta fin de semana, uníndose así ao cadete de Liga Galega que xa leva máis de mes e medio inmerso na súa actividade.


XUVENIL

Os maiores da Escola Deportiva noiesa comezarán a súa participación na 1ª Autonómica visitando o domingo 23 ás 13:00h ao Oroso FS CD "B" no Complexo Deportivo Juan Amigo.


CADETE

Sexta xornada ligueira para o cadete de Liga Galega, que na tarde do sábado, despois do filial, recibirá ao Troula Betanzos FS ás 19:00h en busca da quinta vitoria do curso e de manter o liderado na táboa clasificatoria.


Debuta o cadete de 1ª Autonómica, desprazándose o domingo ás 10:30h ao Municipal Castelao II para verse as caras co Jogafan Ordes FS "A".


INFANTIL

A matinal do sábado contará con partidos de tres das categorías noiesas. Unha delas será o infantil, que se estreará enfrontándose ao EFS Trasgos a partir das 11:30h.


ALEVÍN

Da mesma maneira que o infantil, o conxunto alevín tamén xogará ante o EFS Trasgos o sábado no Agustín Mourís, aínda que unha hora antes, ás 10:30h, para iniciar a súa campaña ligueira de 1ª Autonómica.


BENXAMÍN

Xunto ao cadete de 1ª Autonómica, o benxamín será o outro equipo branco que xogue como visitante nesta primeira xornada. Tocará desprazamento ao Municipal Castelao II de Ordes, onde disputarán partido ante o Jogafan Ordes FS "A" ás 17:30h do sábado.


PREBENXAMÍN

Pecharán os prebenxamíns a mañá do sábado no Municipal Agustín Mourís enfrontándose ao Dubra SD a partir das 12:30h.


Comments


bottom of page