
Un partido de Liga Galega, tres de Liga Xogade e catro de 1ª Autonómica agardan polas categorías inferiores do Noia Portus Apostoli FS entre o venres 25 e o domingo 27.
XUVENIL
Na mañá do domingo tentarán os de Daniel Ventoso vencer ao Jogafan Ordes FS para manterse entre os líderes da competición, nun duelo que se disputará no Agustín Mourís.
CADETE
Sumar e seguir é obxectivo do cadete de Liga Galega. Os de Palmas visitarán a partir das 16:00h do sábado ao Concello de Begonte FS, en partido da xornada 11.
Pola súa parte, o cadete de 1ª Autonómica descansa esta fin de semana.
INFANTIL
Comeza a segunda fase para os de Pablo Cardoso, que reciben este domingo ás 11:00h ao EFS Trasgos no Agustín Mourís.

ALEVÍN
O alevín descansa na 1ª Autonómica, pero non na Liga Xogade, onde se enfrentará ao ED Negreira "A" ás 19:00h do venres 25.
BENXAMÍN
Primeiro partido o venres, diante do ED Negreira "A" ás 18:20h pola Liga Xogade. Na 1ª Autonómica, inicia o grupo 2 contra o Victoria FC - Dinos "C" o sábado ás 17:30h.
PREBENXAMÍN
Tamén dous partidos para o prebenxamín. O primeiro, venres ás 17:30h en Negreira contra o ED Negreira "A". O segundo e definitivo, no inicio do grupo 2 da 1ª Autonómica, o sábado ás 16:30h fronte o EDS Santa Marta.
コメント