
Media ducia de encontros a disputarse entre o sábado 29 e o domingo 30 agardan á Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS esta fin de semana. Descansa o equipo benxamín.
XUVENIL
Despois de vencer na primeira xornada, o xuvenil quere seguir prolongando o bo inicio este sábado 29 a partir das 12:15h, cando recibirá no Agustín Mourís ao Stellae FS - Zimal.
CADETE
O conxunto de Liga Galega, da que é líder, afronta a sétima xornada. Os de Palmas visitan Sarria para verse as caras co Meigallos FS este domingo ás 16:00h.
Por outra parte, o equipo cadete de 1ª Autonómica irá na procura dos seus primeiros puntos do curso este sábado ás 13:15 no Mourís contra o La Salle.
INFANTIL
A segunda xornada do campionato leva ao infantil, que saiu vencedor no seu debut a semana pasada, a visitar ao Jogafan Ordes FS "B" o sábado 29 ás 16:30h.
ALEVÍN
Tamén lle toca desprazarse ao alevín, no seu caso na mañá do sábado. Ás 11:00h, no Pavillón Monte dos Postes santiagués, os noieses xogan contra o AD Codima Asesoría Garea "B".
PREBENXAMÍN
Na mañá do domingo xogarán os máis pequenos, na pista do Bertamiráns CF a partir das 10:20h.