O encontro entre Pescados Rubén Burela e Noia Portus Apostoli FS, que decidirá o campión da edición 2019/2020 do torneo galego, poderá contar coa presenza dun máximo de 200 espectadores no Pavillón Polideportivo A Gándara de Narón. Nas seguintes liñas podes saber como facerte coa túa!
Este sábado 9 de xaneiro o Noia Portus Apostoli FS disputará un dos partidos máis importantes da súa historia, xa que por primeira vez xogará a gran final da Copa Galicia. Para ser máis exactos a XXIX edición, a que quedou pendente da temporada 2019/2020, que, adiada pola pandemia, chegará ao seu fin no Pavillón Polideportivo A Gándara de Narón, diante do Pescados Rubén Burela.
As entradas para o encontro, que se encontran baixo a xestión do Cidade de Narón, xa están dispoñibles. O procedemento consiste en enviar un correo electrónico a futsal@cidadedenaron.eu especificando:
-Nome e apelidos
-DNI
-Número de socio (en caso de ser abonado ao club. Os socios contarán con preferencia)
-Teléfono de contacto
Facendo isto, a PRE-RESERVA quedaría CONFIRMADA. O VENRES día 8 esa pre-reserva debe ser CONFIRMADA totalmente. En caso contrario, a entrada poñerase á venda e perderase a opción de pre-reserva.
Todos os que confirmen a súa entrada terana dispoñible o sábado, día do partido, na taquilla do Pavillón Polideportivo A Gándara de Narón, onde deberán abonar 10€ os adultos e 5€ os menores de 14 anos.
*O Noia Portus Apostoli FS recorda as restriccións existentes no marco da nosa vila e do Estado, polo que insiste en que é responsabilidade dos afeccionados cumprir as mesmas.
Comments