Listos para defender a coroa! | Así será a XXXI Copa Galicia

O Noia Portus Apostoli FS entrará en competición na fase de cuartos de final, buscando repetir o título da temporada pasada nun formato moi similar ao da anterior edición.

A RFGF desvelou o camiño que desenvolverán os 32 equipos participantes na XXXI Copa Galicia, na que o Noia Portus Apostoli FS tentará reeditar o título de campión do trofeo autonómico conquistado en Marín o pasado 17 de maio contra O Parrulo Ferrol FS.


Precisamente o día das Letras Galegas volve a ser o escollido para coroar aos reis autonómicos, tanto masculino como feminino. A competición comezará a finais de agosto coa primeira das tres fases previas aos cuartos de final, rolda na que entra o campión Noia Portus Apostoli FS xunto a O Parrulo Ferrol FS e Pescados Rubén Burela FS. Os tres conxuntos coñecerán lado do cadro e rival nun sorteo no que estarán acompañados polos outros cinco equipos que alcancen os cuartos.


Por agora, o 8 de febreiro, día designado para o debut dos noieses na Copa Galicia, queda lonxe, pero a ambición por volver a gañar xa está aí nun equipo que sigue preparando a temporada máis ambiciosa da súa historia.


Así queda o cadro de eliminatorias