top of page

Moita diversión e fútbol sala no Torneo de Nadal Vila de Noia

A cita deportiva por excelencia desta época festiva non decepcionou, ofrecendo máis de cincuenta partidos en todo un día de espectáculo de fútbol sala.


Os prebenxamíns do Noia PA e ED Marín agradecen o apoio da bancada

Unha edición máis do Torneo de Nadal Vila de Noia, a duodécima para ser exactos, disputouse este sábado entre os pavillóns Municipal Agustín Mourís, Alonso Rodríguez e A Barquiña.


Os máis de 500 nenos e nenas dos trece equipos divididos en seis categorías tiveron a oportunidade de gozar, xunto ao resto dos seus acompañantes, dunha xornada de diversión e moito fútbol sala, dende as nove da mañá ata practicamente as nove da noite. Os resultados están recollidos AQUÍ.


Un especial final este ano 2019 o que viviron os rapaces e rapazas participantes, que xa afrontan con ilusión o próximo 2020 con ambicións de seguir aprendendo os valores do noso deporte.


As fotografías do Torneo de Nadal Vila de Noia, dispoñibles no noso Facebook (parte 1 e parte 2)

bottom of page