Buscar

Noia finaliza con éxito a súa fin de semana como capital do fútbol sala galego

Máis de 2000 persoas visitaron Noia e o Pavillón Municipal Agustín Mourís na gran festa do fútbol sala base galego.

O Agustín Mourís acolleu aos equipos que disputaron as finais do fútbol sala base galego

Remataron no domingo de onte os dous días nos que Noia se convertiu na capital do fútbol sala galego. O Municipal Agustín Mourís foi a casa de ata nove finais e máis de 300 deportistas nunha fin de semana de peche ás competicións autonómicas de fútbol sala galego masculino e feminino.


O evento foi todo un éxito, no que nin sequera o mal tempo puido empañar unha grande fin de semana de deporte base na que participantes e afeccionados gozaron de horas e horas coas futuras promesas do fútbol sala galego masculino e feminino, e na que o pobo de Noia gañou cor e familiaridade.