top of page

Nova semana de competición para as inferiores

Seis partidos, tres deles en Noia, para a base do club branco.



As categorías inferiores do Noia Portus Apostoli FS xa se preparan para unha nova fin de semana de competición, con seis partidos repartidos entre cinco categorías.


O prebenxamín xogará por partida dobre, primeiro este venres en encontro da Liga Xogade FS Noia e segundo o sábado no Mourís en partido da Liga Local Galicia. Os outros dous conxuntos que disputarán os seus choques na xornada sabatina en Noia serán o cadete, a partir das 13:00 horas ante La Salle, e o benxamín ás 14:00 horas fronte o AD Codima.


Como visitantes actuarán o infantil o mesmo sábado ás 19:00 en Brión ante o Bastavales UD, e o xuvenil, que o domingo se enfrontará no Pavillón de La Salle ao La Salle "B" a partir das 12:30 horas.


Consulta os horarios:


Comments


bottom of page