top of page

O cadete sigue a súa boa racha na fin de semana da base

Os de Julio Moreno conseguiron gañar unha xornada máis, e xunto aos prebenxamíns foron o único equipo que logrou o triunfo. Un dos encontros dos benxamíns, aprazado novamente.


Tan só dúas vitorias nos cinco encontros disputados polas categorías inferiores do Noia Portus Apostoli o pasado fin de semana.


Cinco que en principio ían a ser seis, mais o encontro que tiña a xogar o benxamín o domingo viuse adiado. No disputado o sábado pola mañá no Agustín Mourís tampouco conseguiron sacar puntos, ao verse superados polo Racing San Lorenzo.


O xuvenil, que estreou a mañá de partidos no feudo noiés, non puido lograr o primeiro triunfo do curso, ao perder por 1-4 fronte o La Salle "C". Si serían quen de gañar os prebenxamíns, que superaban ao Villestro SD "C" na sexta xornada da Liga Local Galicia.


A segunda alegría da fin de semana chegaba en Milladoiro, coa vitoria dos cadetes por 2-5, o que fai que sumen a súa terceira consecutiva. A piques estivo o infantil no Agustín Mourís de conseguir sumar de tres por segunda semana seguida, mais acabou cedendo por 6-8 ante o Villestro SD.


Consulta aquí os resultados:


Comentarios


bottom of page