top of page

O cadete xogará na Liga Galega na temporada 22/23

A competición, da que xa se coñece o calendario, comezará na vindeira fin de semana do 17 e 18 de setembro.
O conxunto, dirixido por David Palmas, iniciou nos últimos días os seus adestramentos de preparación para a campaña.
Varios xogadores do cadete celebrando un gol a pasada temporada (foto: Manuel Lorenzo)

A recompensa a unha grande temporada agarda este curso aos cadetes do Noia Portus Apostoli FS. Grazas á segunda posición ligueira acadada hai apenas uns meses, o cadete noiés gañouse a pulso o dereito a participar esta 22/23 na Liga Galega, un salto de nivel que axudará aos rapaces a seguir medrando sobre as pistas e supón un dos primeiros pasos adiante que quere dar a Escola Deportiva da entidade no futuro a medio-longo prazo.


O cadro branco xa coñece incluso o camiño a seguir nunha Liga que comezará na fin de semana do 17 e o 18 de setembro, coa visita ao Municipal Agustín Mourís do Colegio Liceo de A Coruña e rematará coa 26ª e última xornada o 22 ou o 23 de abril tamén como local contra o CP Casás. O calendario completo, AQUÍ.


A preparación de cara a esta ilusionante temporada xa comezou para o conxunto cadete, que desde os últimos días xa adestran baixo as ordes de David Palmas.


Únete ao Sentimento! | Inscríbete á Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS



Se estás lendo isto, eres nado entre o 2004 e o 2018 e queres formar parte das categorías inferiores do Noia… a que estás agardando? A que che demos toda a información? Pois AQUÍ tes toda a que precisas para formar parte do Sentimento do Noia Portus Apostoli FS.

Comments


bottom of page