Esta semana a federación galega desvelaba o calendario do Grupo Norte – Preferente Autonómica.
O Noia Portus Apostoli B xa sabe cal será a súa guía de partidos durante o vindeiro curso 2019-2020, que marcará o seu segundo consecutivo na categoría do Grupo Norte – Preferente Autonómica.
A temporada comezará diante da súa afección, enfrontándose na fin de semana do 15 de setembro ao equipo santiagués do Alto do Vento FS. A súa primeira saída será rumbo a Lugo, para visitar a semana seguinte á do debut a un dos novos equipos nesta competición, o Club Polideportivo Casás. Outra das datas destacadas será o derradeiro encontro, que terá lugar na fin de semana do 7 de xullo do próximo ano, cando o filial blanco recibirá ao Covirán Quiroga FS.
Podedes atopar o calendario ao completo premendo aquí.
Kommentare