top of page

O Noia Portus Apostoli B xa sabe o seu calendario para a Terceira División 22/23

A terceira temporada do filial noiés na cuarta categoría nacional comezará na fin de semana do 18 de setembro, recibindo ao SD Pazos de Borbén FS.

O Noia Portus Apostoli B está a piques de mergullarse nunha nova viaxe pola Terceira División, da que xa se coñece toda a información da competición para esta temporada 2022/2023.


Dezaseis equipos, sete deles novos con respecto á pasada campaña,batiranse ao longo de trinta xornadas nas que se decidirá o campión e único ascenso directo a Segunda División B, os catro conxuntos que xogarán o PlayOff de ascenso co outro billete pola promoción en xogo e os tres equipos que perden a categoría, número que pode aumentar dependendo dos arrastres na categoría superior. A información do desenvolvemento íntegro da competición, AQUÍ.


A Terceira 22/23 ábrese na fin de semana do 17 e o 18 de setembro, cos noieses recibindo a visita do SD Pazos de Borbén FS. A semana seguinte, viaxe a Culleredo para enfrontarse ao Sport Sala FS. Os dous últimos choques da Liga serán a visita ao SD Xove FS na penúltima data o 29 ou o 30 de abril e, ao igual que o pasado curso, un cara a cara co ED Vigo 2015 FS o 6 ou o 7 de maio significará o desenlace, aínda que esta vez no Municipal Agustín Mourís.


Este é o calendario completo do Noia Portus Apostoli FS na Terceira División 22/23:


A pretemporada do filial, xa en curso


Desde hai unhas semanas o conxunto filialista noiés, con varias caras novas, está a traballar para conseguir o mellor nivel físico e táctico posible de cara a realizar un bo papel novamente nunha Terceira División que volve a dar un paso adiante na competitividade.

Comments


bottom of page