top of page

O Noia Portus Apostoli FS presenta a súa campaña de abonados para a temporada 2021/2022

Co novo curso aproximándose cada vez máis, a entidade noiesa lanza toda a información para as persoas que queiran facerse socios e colaborar a seguir enchendo de ilusión a nosa vila.


A 2020/2021 queda xa para a historia e para o recordo. Por diante, e xa moi preto, está a temporada 2021/2022, para a que o Noia Portus Apostoli FS lanza a súa campaña de abonados.


Nun curso no que agardamos todos recuperar a normalidade previa á pandemia e volver a ver o Agustín Mourís cheo ata a bandeira, o Portus Apostoli anima aos seus socios a abonarse nunha temporada que, novamente, se presenta plagada de ilusións e coa ambición de seguir crecendo, ademais ante unha das Segunda División máis competitivas da historia.


Estes son os tipos de abonos dispoñibles:


XERAL: 70€


XUVENIL (entre 15 e 18 anos): 50€


INFANTIL (ata os 14 anos): 40€


FAMILIAR (matrimonio máis dous fillos menores de 18 anos): 140€


SIMPATIZANTE (non inclúe entrada gratis a partidos, si inclúe entradas a prezos de socio en partidos que non sexan de liga regular): 50€


Como facerte socio?


Como novidade para esta campaña, os asentos estarán numerados para toda a temporada. De luns 2 a mércores 4 de agosto será o prazo para que os abonados da temporada pasada (que terán prioridade para facer reserva de asentos só durante eses tres días) poidan facer a súa renovación para a 2021/2022. Eses tres días só se poderá renovar de maneira presencial, no Agustín Mourís en horario de 19:30 a 21:30 horas. A partir do xoves ábrese a opción tanto presencial como online, a través da plataforma de noiafs.acyti.com.


Para máis información, consulta o apartado dedicado exclusivamente á campaña de abonados na nosa páxina web ou ponte en contacto a través de correo electrónico ou teléfono.

Comments


bottom of page