Buscar

O Noia Portus Apostoli FS presenta as súas máscaras personalizadas e solidarias

Adiantamos os primeiros detalles das máscaras que o club noiés desvelará na súa totalidade este próximo luns.


A partir deste luns 22 de xuño o Noia Portus Apostoli FS poñerá a disposición unhas máscaras personalizadas e solidarias do club. Ese día presentaremos nas nosas redes sociais o deseño definitivo da imaxe que amosamos arriba, así como o seu prezo, como facer para conseguilas e demais datos.


O club branco doará 1€ ás asociacións Misela e A’Creba para a compra de material de desinfección ou protección por cada unidade vendida.