Buscar

"O Noia Portus Apostoli na escola" continúa o proxecto en Portosín

Cuarta parada da iniciativa da área social do club, na que Pablo López estivo acompañado por Pizarro, Oriol Miquel e Javaloy.

Pablo López xunto Oriol Miquel, Javaloy e Pizarro na charla didáctica

O CEIP de Portosín (Porto do Son) significou o cuarto centro escolar dentro da iniciativa "O Noia Portus Apostoli na escola", iniciada hai xa máis dun mes.


Nesta ocasión os xogadores que acompañaron a Pablo López na charla didáctica foron o segundo capitán Pizarro, Oriol Miquel e Javaloy, cos que os cincuenta rapaces presentes de entre 3º e 6º de primaria puideron pasar un tempo de aprendizaxe dos valores e algunhas normas do noso deporte, ademais de comprender o que representa o Noia Portus Apostoli e a súa escola deportiva.


A visita finalizou co sorteo de bufandas e productos do club, xunto coas fotografías e autógrafos coas que os xogadores atenderon os propósitos dos rapaces e rapazas.