Buscar

Os xuvenís remontan e conquistan a Copa

O equipo adestrado por Pablo López repúxose ao gol encaixado para levarse o partido e o título na prórroga (4-3).


O equipo xuvenil posa co trofeo conquistado

Non existe mellor maneira de terminar unha temporada que levantando ao ceo un trofeo. Con esa idea chegaron os xuvenís do Noia Portus Apostoli ao Municipal Santa Isabel de Santiago de Compostela, onde lles esperaba a cita máis importante do curso, a final de Copa Local Xuvenil fronte o La Salle A.


Un encontro de altas tensións que comezou cos nosos encaixando primeiro. Un golpe que non sería definitivo para o equipo de Pablo López, que respondeu dándolle a volta ao electrónico con tres tantos do capitán, Iago. Malia acadar esa vantaxe, os rivais conseguiron nivelar de novo o partido, levándoo á prórroga.


Nos momentos decisivos do choque e, por ende, da competición, volveu a aparecer o capitán dos xuvenís noieses para completar o seu póquer de goles e darlle o título aos seus. Despois dos máis de corenta minutos de nervios, tocou celebrar como se debe o conquistado trofeo sobre o parqué de Santa Isabel.


E como agasallo a este triunfo, o próximo domingo os nosos xuvenís terán a oportunidade de levantar a Supercopa. Para facelo, terán que superar ao La Salle B, campións da Liga.

Noraboa, rapaces!