top of page

[PARA SOCIOS] Reunión informativa o 4 de maio

A directiva do Noia Portus Apostoli FS convoca unha xuntanza informativa dirixida a todos os socios do club para este martes 4 de maio ás 20:00 horas.


A xunta directiva do Noia Portus Apostoli FS acordou a realización dunha reunión informativa cos socios do club, encadrada para o próximo martes 4 de maio no Municipal Agustín Mourís.


A orde do día da convocatoria está resumida en dous puntos:


  1. Informe xeral de organización do PlayOff de ascenso a Primeira División.

  2. Rogos e preguntas.


Debido á importancia dos temas a desenvolver, desde a directiva rógase a máxima asistencia posible ao acto, así como o cumprimento en todo momento das medidas protocolarias contra a COVID-19.



Comments


bottom of page