O xogador do filial noiés, que xa debutara en Copa Galicia co primeiro equipo, regresa á convocatoria do combinado autonómico, que prepara o campionato de España de seleccións territoriais.
Este luns 14 a selección galega Sub-19 volta aos adestramentos de preparación para o campionato de España de combinados territoriais, e faino con presenza noiesa.
Pau Codony (20/2/2005) forma parte da lista de convocados polo adestrador David Pena para a sesión que se desenvolverá ás 19h de hoxe no pavillón Jonathan Carro Paz de Guitiriz.
O xogador do noso filial, que leva grande parte do curso adestrando co primeiro equipo, co que chegou a xogar e meter un gol no encontro de Copa Galicia contra o Sala Ourense, loitará por facerse un oco no corte definitivo para o campionato nacional, a disputarse ao longo do mes de abril.
Esta é a lista completa de citados para o adestramento
Comments