top of page

Pau Codony, na pre-selección galega Sub-19

O xogador do Noia Portus Apostoli FS acudiu este luns a un novo adestramento de preparación do combinado galego en Guitiriz.

Pau durante un adestramento co primeiro equipo

Os equipos galegos comezan xa a preparar os campionatos de seleccións autonómicas de España, e un deles está contando nos seus primeiros adestramentos con presenza do Portus Apostoli.


Pau Codony, xogador do filial branco que alterna presenzas semanais co primeiro equipo, foi chamado para as catro sesións de preparación que realizou recentemente o conxunto galego Sub-19 no seu proceso de pre-selección, sendo a última delas este pasado luns 15 de novembro en Guitiriz.


O xogador, de 16 anos, está traballando duro para facerse un oco no equipo que represente a Galicia no campionato Sub-19, que se disputará en San Fernando (Cádiz) do 8 ao 15 de xaneiro.

Comentários


bottom of page