O adestrador do Noia Portus Apostoli FS transmitirá os seus coñecementos vía online a algúns dos seus homólogos no conxunto coruñés, nun acto encadrado na colaboración entre ambos clubes.
A principio de temporada, Noia Portus Apostoli FS e 5 Coruña FS anunciaban un convenio de colaboración en pos de permitir a ambas entidades seguir medrando da man, algo fundamental máis se cabe nestes tempos de incertidume provocados pola crise sanitaria.
Este xoves 18 de febreiro os dous clubes levarán a cabo un exemplo do acordado, coa realización dunha ponencia online, liderada polo adestrador noiés Marlon Velasco, co obxectivo de compartir experiencias e ideas cos técnicos do 5 Coruña FS que permitan seguir avanzando e progresando na xestión dun equipo e demais aspectos.
O cancelo #MedramosXuntos entre Noia Portus Apostoli FS e 5 Coruña FS continúa vixente.
Comentarios