Buscar

PREVIA FILIAL | Carballiño FS-Noia Portus Apostoli B | Obxectivo pechar a seca fóra da casa

Regresa á acción o conxunto filialista tras unha semana de descanso, e faino visitando a outro rival próximo na táboa, coa urxencia de sumar lonxe de Noia.
O encontro disputarase este sábado 5 de febreiro ás 17:00 horas no Pavillón Paco Chao da localidade ourensá.

O vestiario do Noia Portus Apostoli B ten actualmente unha obsesión por cumprir: empezar a sumar dunha vez por todas lonxe do Agustín Mourís. Preto quedaron en Pontedeume, e despois de non poder resarcirse a pasada fin de semana polo aplazamento do partido contra o 5 Coruña, preséntase unha nova oportunidade de romper a mala xeira visitante en O Carballiño.


Desde o 7 de novembro, no triunfo 4-6 contra o Campito Chapela FS, que non suman os brancos nesa condición. Case tres meses nos que un inexpugnable Mourís foi o motor dun filial moi mellorado desde aquela, tanto no seu xogo como na súa clasificación. Froito diso, hoxe está nunha apretada zona media a tan só tres puntos (cun partido menos) dun Carballiño FS que na primeira volta foi o primeiro dos dous únicos equipos que venceron en Noia, por 3-8.


Deixar atrás as “malas costumes” ou manterse no “cara e cruz” non depende do choque que comezará este sábado ás 17:00 horas no Paco Chao de O Carballiño, pero si pode supoñer un cambio de chip e unha vitoria moi importante a estas alturas de curso e cunha clasificación tan igualada.