O conxunto branco afronta a derradeira xornada da Terceira División sen nada en xogo, máis que os tres puntos que se disputará contra o cadro vigués, co seu posto xa asegurado no PlayOff de ascenso.
Sábado ás 18:00h saltarán á pista do Pavillón Universitario CUVI ambos equipos.
O Noia Portus Apostoli B conclúe fronte o ED Vigo 2015 FS a súa segunda temporada consecutiva na Terceira División sen obriga nin tarefa clasificatoria, máis aló de tentar conseguir a mellor posición posible.
Actualmente sextos, dependendo dos resultados que se dean ata o oitavo lugar poderían caer os brancos nesta definitiva data. Tamén nunha loita de postos, aínda que máis significativa, se atopa o rival. O ED Vigo 2015 FS, xa clasificado para o PlayOff de ascenso a Segunda División B, está pendente de concretar se irá como cuarto ou quinto, o que mudaría o seu rival na primeira rolda da post temporada.
Unha temporada de moitos problemas e obstáculos que terminará con tranquilidade, quizais máis da agardada hai uns meses, para un Noia Portus Apostoli B que busca xa resetear.
Comments