-O conxunto branco prántase na xornada 7 do campionato de Terceira División coa urxencia de sumar, a poder ser de tres.
-O encontro disputarase este domingo 31 ás 18h no Municipal Agustín Mourís.

Sétima xornada para o Noia Portus Apostoli B, que despois de catro derrotas consecutivas céntrase en poñer fin a esa dinámica negativa esta fin de semana, cando regresa á condición de local para recibir ao CD Beade.
O rival chegará ao Agustín Mourís con sete puntos, catro máis que os noieses, e nunha xeira de tres partidos sen coñecer a derrota, con dous triunfos e un empate, logrado a pasada semana en A Coruña. Estes resultados permitiron aos da provincia de Pontevedra mellorar considerablemente un inicio con tres derrotas en sendos choques.
Tras dúas actuacións nas que o Portus Apostoli B, a pesar de deixalo todo e chegar con opcións ao final dos encontros, non conseguiu sumar, o vestiario céntrase máis que nunca en que non pase desta xornada o voltar ao camiño dos puntos e escapar dos postos de descenso que ocupan actualmente.
A partir das 18:00 horas do domingo, os filialistas buscan uns tres puntos de reivindicación e homenaxe.
Comments