top of page

PREVIA FILIAL | Noia Portus Apostoli B-Praias de Barreiros CD | A polos últimos tres do ano na casa

Último partido do 2021 como local para o filial branco, que tras caer contra o líder da Terceira División, tentará conseguir a súa quinta vitoria da temporada para seguir escapando dos postos de descenso.
Domingo 12 de decembro ás 18:00 horas comezará este partido da xornada 13 da Terceira División.


O derradeiro encontro do Noia Portus Apostoli B no Agustín Mourís neste 2021 presenta un duelo directo na zona media da táboa. Os brancos recibirán, no que corresponde á xornada 13 da Terceira División, ao Praias de Barreiros CD, 9º clasificado con 15 puntos, dous máis que o noso filial, que é 11º.


Precisamente é como local onde os noieses están sacando nas últimas xornadas o seu maior proveito. Dende a derrota por 2-4 ante o SD Xove FS en outubro, un empate e dous triunfos exemplifican a melloría no Mourís, necesaria para lograr os obxectivos.


Á boa xeira en Noia do Portus Apostoli B, únese a que trae o rival desta xornada. O Praias de Barreiros CD fixo os deberes contra dous equipos da zona baixa, o FS Pontedeume e o ADFS Bueu, e sacou un punto diante do 5 Coruña FS nos seus últimos tres compromisos. 7/9 puntos que teñen aos da provincia de Lugo con aspiracións de deixar de mirar cara atrás e asentarse na metade da clasificación.


Para derrotar a un rival en formidable dinámica e situado por riba deles, o filial do Noia Portus Apostoli sabe que terá que amosar, unha semana máis, a súa mellor versión competitiva e acerto de cara a portería que sirvan para tres puntos de ouro.

Comentarios


bottom of page