Buscar

PREVIA FILIAL | Noia Portus Apostoli B-SD Xove FS | Reencontrar sensación e puntos

-Despois da derrota contra o Carballiño FS, os brancos afrontan outro complicado duelo como locais no que tentarán regresar á senda da vitoria.


-O encontro disputarase este domingo 17 de outubro a partir das 18:00 horas.


Reválida para o Noia Portus Apostoli B, que tras caer na visita do Carballiño FS no Agustín Mourís a pasada semana, ten este domingo unha nova oportunidade diante da súa afección recibindo ao Xove FS.


Con dous partidos perdidos de forma seguida e a ambición de tirar con esa dinámica negativa chegarán os de Palmas, que se verán as caras cun rival en inercia totalmente contraria, que acumula dous triunfos nos seus dous últimos encontros, despois de comezar sen sumar nas primeiras xornadas.


Nova proba para o conxunto filial, consciente da importancia de revertir canto antes a xeira de derrotas e da vantaxe que supón volver a actuar como local nesa misión. A partir das 18h deste domingo, o Portus Apostoli B tentará realizar todo iso para sumar tres novos puntos.