Despois da derrota en O Barco, o conxunto branco tentará manter o seu fortín diante do último clasificado, que chega nunha dinámica positiva.
O encontro, da xornada 25 da Terceira División, disputarase ás 19:00 horas deste domingo 27 de marzo.
Se hai partidos nos que é imprescindible sumar para manterse lonxe da queima, o desta fin de semana é un deles para o Noia Portus Apostoli B. Máis despois de non facelo na anterior, a domicilio contra o penúltimo da táboa, o Pizarras los Tres Cuñados. Desta, toca enfrontarse ao último, o Troula Betanzos FS.
A diferenza do duelo en O Barco, os noieses agardan contar con máis efectivos dispoñibles, ademais de que contarán coa fortaleza de actuar como locais, condición na que acumulan máis dunha volta ligueira coñecendo soamente a vitoria.
Preséntanse todos os condicionantes para confiar nun novo triunfo noiés, pero nesta Terceira División tan impredecible nada é seguro, e ningún rival regala nada. Tampouco será o caso dun Troula Betanzos que poñerá pé no Agustín Mourís no seu mellor momento da temporada, o que precisa alongar en pos de estirar as súas opcións de salvación, a seis xornadas do final.
Son oito dos últimos doce puntos posibles os que suman os betanceiros, coa vitoria por 4-1 sobre o 5 Coruña FS no anterior partido. Ademais, os nosos xa coñecen de primeira man os perigos deste cadro, que os derrotou por ese mesmo resultado na primeira volta ligueira.
Gañas de revancha, de volver á senda do triunfo e, por que non, se se dan os marcadores aos postos de PlayOff na táboa. Con esas pretensións saltará o filial noiés ás 19:00 horas deste domingo 26 de marzo ao parqué do Agustín Mourís, en partido da xornada 25 da Terceira División.
Comentarios