Non xoga esta fin de semana o primeiro equipo polo parón copeiro, pero si o cadro filialista, que visita Culleredo na xornada 26 da Terceira División, este sábado 2 de abril a partir das 19:00 horas.
Só un punto separa a ambos conxuntos, no que será un duelo importante por conseguir manterse na zona alta.
Duelo directo no Pavillón Tarrio de Culleredo este sábado ás 19:00h. O Noia Portus Apostoli B, sexto con 37 puntos en 24 partidos, visita ao Sport Sala FS, sétimo con 37 puntos en 24 encontros. Cos dous equipos a piques de certificar matematicamente a permanencia, moito en xogo por seguir mirando cara arriba no envite.
Con catro vitorias nos últimos cinco choques chegarán os noieses, no mellor momento da súa temporada en canto a resultados. É iso o que os sitúa, cun encontro pendente, a un punto da cuarta posición, confirmando a súa melloría progresiva dos últimos meses. Incluso na súa asignatura pendente, os partidos a domicilio, cos recentes triunfos en Beade e O Carballiño.
Tamén o logrou no partido da primeira volta contra o Sport Sala no Agustín Mourís, o seu fortín, por 5-3. Os de Culleredo levan todo o curso rondando esas prazas de PlayOff, que agora teñen a un punto. De vencer ao FS Pontedeume por 8-3 e ao 5 Coruña FS por 4-6 veñen os cullerdenses a esta cita da xornada 26.
Subirse ao vagón do PlayOff ou quedarse en terra. A cinco xornadas do final da Liga regular, este enfrontamento directo está chamado a marcar o rumbo de cada equipo.
Commentaires